lunes, 13 de abril de 2020

BENVIDOS E BENVIDAS!


Ola nenos e nenas de Infantil!!!
As vosas mestras e o profe Moisés desexamos que todos/as vos atopedes ben e esperamos que xa quede menos para reencontrarnos.
Mentres tanto, como xa comezamos o 3ºtrimestre, que vos parece se investigamos un pouquiño sobre as nosas amigas as Abellas que como ben sabedes é o tema que estamos a traballar no cole con motivo do PDI (Proxecto Documental Integrado) do centro “A saúde vexetal”.  Así que cada semana imos a proporcionarvos tarefas, as veces por nivel e outras para todos/as, de xeito que poidamos coñecer cousiñas moi interesantes sobre estes bichiños e a súa importancia na nosa vida. Estas propostas de traballo son voluntarias.
 COMEZAMOS!!!
Aquí vos deixamos un Symbaloo das Abellas que elaboramos con diferentes recursos dos que podedes tirar para levar a cabo algunhas das actividades que vos imos a propoñer ao longo das vindeiras semanas. 
Symbaloo Abellas  (fai click en cada cadradiño para acceder ao seu contido)


PROPOSTA 1:
Hoxe podedes buscar no Symbaloo a película “BEE MOVIE”, que algúns xa vistedes no cole, e facer a ficha que vos propoñemos. Se non tedes impresora podedes coller un folio e facer nel un debuxo sobre aquilo que máis che gustou da peli.



PROPOSTA 2:
Busca no Symbaloo a canción “LA ABEJITA BAILA” e move o esqueleto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario