jueves, 16 de abril de 2020

5 AÑOS

Que tal pequenos/as?! 
Xa é venres así que imos a polas últimas propostas desta semana.

PROPOSTA 1:

Como ben sabedes as abellas aliméntanse grazas ao néctar e ao polen das flores e por iso hoxe imos a coñecer máis cousiñas sobre elas, as súas partes. Xa sabedes que podedes buscar información no Symbaloo do blogue, no cadradiño "Partes de la flor", ou tamén noutros recursos cos que contedes na casa. Non olvidedes poñer en cada ficha o voso nome e apelidos en minúsculas, por diante ou por detrás, non vaia a ser que esquezades como se escribe...jijijiji.

PROPOSTA 2:
E como hoxe a cousa vai de flores, aquí vai unha fermosa e doada manualidade dunha papoula. Consiste en recortar 3 círculos de diferentes tamaños (pequeno, mediano e grande) e pegalos uns enriba dos outros de menor a maior. Podedes facela con folios de cores ou brancos e pintalos, cartolinas, cartóns, feltro... Para facer o polen podedes pegarlle unhas boliñas de papel seda ou de plastilina, uns botóns, uns gomets... O talo podedes debuxalo vos mesmos nun folio e despois pegar a flor ou facelo cunha palliña de beber, cun limpapipas, cun depresor, un churriño de plastilina... Seguro que coa voa imaxinación sairán papoulas fermosisímas!!!

https://www.pinterest.es/pin/465067099012124567/?nic_v1=1aVDFvTeMX9j7vHD3RU3vqPE3HpYwS5VvhJMNdFmhTFnapEWi5oMjg3HGiWkhYUVMK
Que teñades boa fin de semana e aquí vos esperamos a próxima semana cargadiñas de máis propostas.

 MOITOS ABRAZOS VIRTUAIS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario