jueves, 23 de abril de 2020

5 ANOS

E sen case darnos conta xa chegamos ao venres!

PROPOSTA 1:

Hoxe querémosvos falar dun traballo súper importante que desempeñan as abellas: a POLINIZACIÓN. Outra desas palabras raras que ao principio custan memorizar como a das bolboretas, recordades? META... que??? (metamorfose). Pois a polinización consiste no transporte de polen que fan as abellas do pistilo dunha flor ao pistilo de outra. Ademais agora xa sabemos onde está o pistilo dunha flor... verdade? Grazas á polinización das abellas prodúcense a maior parte das cosechas do mundo e florecen moitímas plantas en todo o planeta obtendo así as semillas e os froitos que tanto nos gustan. Seguro que agora xa entendedes a importancia de esta función que realizan as nosas pequenas pero grandes amigas. A continuación pensade nun froito para debuxar, estampar, recortar dalgunha revista... e escribide o seu nome.



PROPOSTA 2:

Como a cousa vai de froita e xa ven aí a fin de semana, deixámosvos unha pequena receita de cociña, para que vos animedes a facer cas vosas familias. É moi faciliña e xa veredes que rica está.


PROPOSTA 1:



Unha vez rematada, podedes escribir no seguinte modelo que aquí vos deixamos ou outro que fagades vós, o título da receita, os seus ingredientes, un pequeno proceso de como o elaborastes, e como non, o debuxo desa receita que quedará espectacular! Con todas as receitas que vaiamos facendo podemos crear o noso propio recetario . E non olvidedes que si queredes, podedes facerlle unha foto e ensinar o resultado.


QUE TEÑADES UNHA BOA FIN DE SEMANA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario